Saturday 04 de May de 2024

Unha nova edición da mostra de teatro afeccionado da Pobra chega á súa fin coa función Luces, cámara… CAOS!


Catro semanas de teatro afeccionado na Pobra do Caramiñal chegan á súa fin no mes de febreiro.

Organizada pola Concellaría da Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, esta programación busca, nas palabras da edil Patricia Lojo, “outorgárlle-lo seu espazo a compañías amateur con moi bo facer nas artes escénicas. Nas anteriores semanas subiron ás táboas asociacións culturais e será un instituto o cal lle poña o broche de ouro ao cartel.”

Teatro das Maniotas, do IES Brión, pechará este ciclo coa peza Luces, cámara… CAOS! Será no domingo 4, ás 19.00 horas, no Elma. Baixo a dirección de Ari Álvarez e Loly Santos, este novo proxecto adentrarase no frenético mundo da produción audiovisual, que descoñece o elenco, así que todo o parecido coa realidade será ficción.

A entrada é libre ata completa-la cabida da referida instalación municipal.